Dentro da programación de ‘Cultura no Outono’, este domingo, 29 de novembro ás 19:00 h, no Auditorio Municipal, teremos proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’, de Melgo Cinema.

Trátase dunha historia na que se abordan catro temas centrais:
familia, rural, fogar e muller; e que convida a reflexionar arredor da evolución e futuro da sociedade rural galega, e sobre os roles tradicionais da muller e do home.

A obra recibiu o Premio do Público a mellor película galega na 41 Semana de Cine de Lugo (2019). Ademais da curta, poderase ver o ‘making of’ e haberá un coloquio co director, Roberto Alvite, e co produtor, Javier Enríquez.

Debido á limitación do aforo, recoméndase realizar a reserva de asentos previamente no enlace: bit.ly/culturaoutono