O Concello adheriuse ao programa Depotermal 2019 organizado pola Deputación de Pontevedra.
Contido:
- Programa de asistencia diaria (1.248 prazas)
- Programa termal con pernoita (3.186 prazas)
Prazo de inscripción: O prazo de presentación de solicitudes para a cidadanía será do 28 de febreiro ao 29 de marzo ( ambos incluídos).
Requisitos:
- Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Ser nacido antes do 1 de xaneiro de 1969
- En caso de ser nacido o 1 de xaneiro de 1969 ou nunha data posterior:
- Ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
- Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos
No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio
- Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
Diptico informativo: https://www.depo.gal/documents/1076146/8524747/GAL-02+triptico+depotermal+2019+A5.pdf/03573994-8bc4-44e6-9202-a5448b23a00e