Unha vez que as condicións do tempo son estables, a empresa adxudicataria do “Plan de Bacheo” para este ano comezou os traballos.
Nas vindeiras semanas recorreranse as 13 parroquias para resolver os puntos necesarios excepto algunhas zonas que en breve van ser asfaltadas por completo.
O primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, xunto co segundo Tenente de Alcalde, Concelleiro de Servizos e responsable de Tráfico, Óscar González, revisaron previamente tódolos lugares e estableceron o mapa concreto de actuacións.
Nos traballos que se están a levar a cabo calcúlase que se estenderá un mínimo de 184 toneladas de aglomerado en frío con aplicación de rego de adherencia.
O custe total das obras de bacheo incluídos tódolos gastos de proxecto e impostos é de 40.000€ financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.