A colaboración entre o Concello, a Fundación Amigos de Galicia e One Oak Brand, fixo posible e a entrega de mochilas con material escolar a nenos e nenas das Neves.

Esta iniciativa ten como obxectivo a achega do material escolar necesario para que os nenos e nenas poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións. 

As mochilas levan material escolar adaptado a cada ciclo educativo (Infantil, Primaria e Secundaria): libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas, dispositivos informáticos, etc.

Ademais, este ano, con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as mochilas tamén conteñen máscaras cirúrxicas, portamáscaras e xeles para limpar as mans.