O Concello das Neves pon en marcha o Entroido por cuarto ano consecutivo.
A celebración comezará o venres día 1 de marzo a partir das 21hs co Venres de Comadras que organiza a Asociación Cultural As Neves Group.
Xa o sábado día 2 dende as 18hs desenvolveráse o desfile de comparsas dende a rotonda do Montesol ata a Praza Maior, onde haberá música, obradoiros, coplas, premios e a afamada Queima da Velutina.
Os entroidos individuais e as comparsas terán dereito a premios según a bases que se publican a continuación:
Bases entroido 2019 correccion de erros