O Grupo de Desarrollo Rural (GDR) do Condado Paradanta organiza este venres, día 15 de outubro, nas Nenes, as segundas xornadas SondeMonte nas que seguirá coa presentación das súas iniciativas.
Será un día especial, aberto ao público, no Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa, coincidindo cos catro anos dos incendios nas Neves, no que se falará deste proxecto de cooperación que ten coma obxectivo o aproveitamento dos recursos naturais, o coidado do monte e a concenciación social.
A xornada rematará coa plantación de árbores e cunha visita guiada aos petróglifos da Coutada.
Lembra:
Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa
De 10.00 a 14.00 h
Inscríbete xa en https://sondemonte.gal