Seguimos cun só caso de COVID-19 no concello.
O luns, o persoal do Concello irá a Vilagarcía a recoller alimentos para o Banco da Fundación de Amigos de Galicia. Logo serán distribuídos polos domicilios das familias con menores ao seu cargo.
Máis doazóns para o Banco de Alimentos: Peixe conxelado da empresa Mascato de Salvaterra de Miño e bolsas de cacahuetes para nenos e nenas por parte dunha voluntaria.
ABANCA doou 5 mascarillas e Electricidade Condado 16 pantallas.
O Centro de Día mostrou o interese das súas usuarias en participar no equipo solidario de confección de mascarillas.
O Concello está a colabarar co IES na entrega realizada hoxe de tres ordenadores da Xunta a alumnos do centro, adxudicados segundo os criterios establecidos pola Consellería.
O Servizo de Axuda no Fogar restableceuse en dúas vivendas.
Informamos dos horarios de apertura dos establecementos bancarios a partir da vindeira semana:
-
ABANCA: Martes e venres, de 8:15 h a 14:15 h.
-
Santander: De luns a venres, de 9:00 a 12:00 h.