As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19.
O Concello vén de levar a cabo unha achega de material de protección aos centros de ensino que hoxe abriron para tramitar a matrícula do curso 2020/2021.
Recibimos varias doazóns para o Banco de Alimentos.
Reposición de mascarillas nos establecementos abertos ao público, e entrega naqueles que abriron hoxe e actualización da lista dos puntos nos que as veciñas e veciños das Neves poden recoller as mascarillas.
Doazón de 15 pantallas por parte de Talleres La Almudena.
Apertura do punto limpo no seu horario habitual: martes, xoves e sábado de 10:00 a 14:00 horas. Manteranse as medidas de seguridade precisas para protexer a saúde do persoal e das persoas usuarias.