Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), nas Neves segue a haber un só caso positivo de Covid-19 que, ademáis, evoluciona moi favorablemente.
A día de hoxe hai un grupo de 35 veciñas e veciños de todas as parroquias confeccionando batas e mascarillas de tea.
Comezou a distribución das mesmas por todos os establecementos abertos do concello (farmacias, Centro de Saúde, supermercados ou tendas), para que as solicite calquera persoa que as precise.
O Banco de Alimentos segue recibindo unha gran cantidade de alimentos doados polos veciños e veciñas. Estase a distribuir entre aquelas familias que o precisan, completando ademais co que xa dispuñamos e con outros produtos que mercamos nos supermercados das Neves.
Este mércores, un psicólogo de ACEESCA, iniciará o seguimento a aquelas familias con fillos con TEA, TDAH, etc.
Dende o Concello reiteramos, un día máis, o noso agradeemento a todas as persoas que colaboran desinteresadamente nas iniciativas de partcipación veciñal.