Sanidade confirma que seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Continúa a reposición de mascarillas cirúrxicas e hixiénicas nos establecementos abertos ao público. Xa son 39 os lugares de recollida de mascarillas destinadas a toda a veciñanza; actualizamos unha vez máis a lista.

Preparación de alimentos para entregar a partir do luns. Ese mesmo día tamén se realizará a recollida de alimentos doados pola Fundación Amigos de Galicia, que serán distribuídos o martes.

O Concello reitera o seu agradecemento ás persoas que integran o grupo de costura solidaria de mascarillas, que continúan traballando para todas as veciñas e veciños.