Este venres realizouse a reposición de material de protección entre os establecementos abertos ao público de todo o concello: 300 mascarillas de tea, 1 caixa de mascarillas desbotables, 9 pantallas e luvas.

Seguirase repoñendo a medida que se acaben e se vaian adquirindo.

Realizado, tamén hoxe, un control do estado das augas da traída municipal, que se atopan en perfectas condicións.

No Centro de Saúde, a atención segue a facerse de xeito telefónico (986 64 83 75). Existe a posibilidade de asistir ao centro ou á unidade de respiratorios do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ponteareas, despois dunha avaliación da situación.

Dende o Concello lémbrase, unha vez máis, que se pode chamar ao 900 400 114, ante calquera un dos síntomas da COVID-19 (febre, tose seca e/ou dificultade para respirar).

Lembramos tamén que non é obrigatorio levar mascarilla sempre. Só para acudir ao hospital, ao Centro de Saúde, ao ir mercar, ou ao se se vai ter contacto con poboación de risco. Fagamos un uso responsable do material de protección.