O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa de que seguimos cun só caso de COVID-19 nas Neves.
Actualmente, no Centro de Saúde se prestan os seguintes servizos:
Consulta telefónica e, de ser preciso, persoal.
Tratamento con Sintrom por cita.
Analíticas solicitadas polos servizos médicos como urxentes.
Pediatría por teléfono e, de ser preciso, presencial.
Enfermería.
O Concello segue repoñendo mascarillas nos establecementos abertos ao público de todo o concello para que as aquelas persoas que o precisen, poidan solicitalas. A finais desta semana tamén disporemos de mascarillas para as nenas e nenos.
A partir do venres será entregado nos domicilios do alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, unha bolsa cos libros e o material que está no centro, así como unha mascarilla. Este traballo será levado a cabo por persoal do Concello, se ben previamente contouse coa colaboración do equipo directivo, o profesorado e a ANPA do Centro. Tamén se fará o mesmo co alumnado das escolas de Taboexa e Rubiós.