Seguimos cun só caso de COVID-19 no concello.
 
Recollida de alimentos da Fundación de Amigos de Galicia que serán entregados este mércores no domicilio das persoas a quen van dirixidos.
 
Próxima incorporación tres persoas ao Servizo de Axuda no Fogar.
 
Segue facéndose reparto de material de protección polos establecementos abertos ao público, tanto para protexer ás persoas que traballan neles, como para que calquera veciña ou veciño do concello que o precise, poida pedir mascarillas hixiénicas reutilizables.
 
Nova entrega de material ás persoas que colaboran na confección de mascarillas. A partir de agora, confeccionarán un novo modelo con teas que serán pagadas polo Concello, ante a decisión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de non pagar as teas destinadas á confección de mascarillas para a cidadanía xeral.
 
Nova desinfección nos espazos públicos de máis tránsito de todo o concello.
 
Nos vindeiros días o concello vai xestionar a entrega de 10 ordenadores no domicilio de alumnado do IES, que o propio centro decidiu deixar en préstamo para facilitar o seguimento do traballo académico.