Segundo comunica o Centro de Saúde das Neves, todas as probas PCR e test rápidos realizados este luns, saíron negativas, polo que seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

Hoxe e mañá estase a realizar a entrega de alimentos nos domicilios das persoas beneficiarias do Banco de Alimentos.

En relación co Banco de Alimentos, vén de comprarse un arcón conxelador  co fin de poder abastecernos do peixe conxelado ofrecido pola empresa Mascato de Salvaterra de Miño.

Seguindo coa colaboración co IES Pazo da Mercé, mañá, martes, se realizará a entrega de cinco ordenadores máis entre o alumnado.

Tamén desde este martes, recollererase o material do alumnado das escolas unitarias de Rubiós e Taboexa e entregaráselle nos seus domicilios, xunto cunha mascarilla infantil.

Correos púxose a disposición do Concello para achegar o material que fose necesario ás veciñas e veciños das Neves de xeito gratuíto.