O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirma que seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Este martes recibimos a doazón dun lote de rosquillas da Asociación San Roque de Leirado para o Banco de Alimentos.

As oficinas de Correos das Neves e de Arbo ofrecéronse para facer chegar, a través dos seus carteiros e carteiras, o material do alumnado do IES Pazo da Mercé e calquera outra cousa do concello, tendo que ser comunicado coa anterioridade suficiente e aprobado pola xefatura das oficinas. Mostraron, ademais, a súa disposición a colaborar, na medida das súas posibilidades, e contando coa autorización previa das súas xefaturas.

Entrega de cinco portátiles a alumnado do IES Pazo da Mercé que lles cede en uso o propio centro para poder realizar os seus traballos.

A finais desta semana levaranse aos establecementos abertos ao público mascarillas infantís para as nenas e nenos da escola infantil e para o alumnano da ESO do IES Pazo da Mercé.