Sanidade informa de que As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19.

Vimos de recibir novas doazóns de veciños e veciñas ao Banco de Alimentos.

Contamos coa colaboración co IES Pazo da Mercé e persoal de Correos na entrega de material ao alumnado do centro. O Concello facilitou as bolsas para o traslado.

Doazón dunha tablet, por parte dunha veciña, que se puxo a disposición do alumnado do IES a través da dirección do centro.

Tras novas incorporacións ao grupo de costura solidaria, agora o grupo está formado por 39 persoas. Grazas a  todas elas polo seu labor.

De novo, o Concello levou a cabo a reposición de mascarillas nos establecementos e ampliación a outros que voltaron abrir hoxe. Xa hai 27 puntos de recollida de mascarillas para a poboación das Neves.

Fíxose entrega de material de protección ás perruquerías do concello que van abrir e tamén a outros comercios que o solicitaron.

Así mesmo, ampliouse o servizo de Axuda no Fogar.