O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indica que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.

Nova recollida e entrega de mascarillas e material para a súa confección por parte das persoas que realizan a costura solidaria. Tamén se repartiron mascarillas no mercado.

Ampliación de establecementos para o reparto de mascarillas. A lista actual alcanza un total de 32 puntos de recollida de mascarillas para os veciños e veciñas das Neves.