Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso rexistrado de Covid-19.

Este xoves recibiuse no Concello o material sanitario enviado pola Xunta composto por:  3 botes de xel, 3 pantallas, 1 caixa de luvas M e outra L, 250 mascarillas faciais médicas e 6 batas desbotables.

A Deputación de Pontevedra achegou de 1.100 mascarillas médicas desbotables.

Vimos de actualizar a lista de establecementos onde se poden recoller mascarillas reutilizables achegadas polo Concello destinadas á poboación das Neves.