O Servizo Galego de Saúde informa de que o número de persoas contaxiadas nas Neves segue a ser de un.

Este sábado pasado, día 11, fíxose entrega de desinfectante de mans nos supermercados do concello para o uso das persoas que van a facer a compra.

Como se ven facendo dende hai días, o Concello realizou unha nova reposición de mascarillas e luvas para a distribución entre a poboación de risco.

Na mesma liña, efectuouse unha nova recollida de batas e mascarillas confeccionadas polas nosas veciñas e veciños, que foron entregadas ao taller de Maite Isla.

Dende o Concello agradecemos este excelente traballo que fixo posible que hoxe mesmo levaramos ao redor de 400 unidades.

Seguen as tarefas de desinfección das zonas máis transitadas das Neves. É a terceira vez que se fan con tractor e a cuarta en total, incluíndo unha realizada a man.

De novo, a gratitude do Concello ás persoas que están a colaborar co Banco de Alimentos.