O Concello das Neves fai público este martes o listado de admitidos  nas Ludotecas de Nadal – que podes consultar premendo aquí LISTADO ADMISIÓN DECEMBRO,  LISTADO ADMISIÓN XANEIRO que terán lugar dende o día 23 ao 31 de decembro e do 4 ao 8 de xaneiro de 2021.

Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade

As ludotecas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Favorecer a conciliación

O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.

Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal á vez que se fomentan os valores de igualdade, solidariedade, convivencia e respecto ao medio ambiente e a contorna na que viven.

Horario e duración
Horario:
• Mañás de 10,00 a 14,00 horas
• Tardes de 16,00 a 20,00 horas
Duración: Días 23, 24, 26, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro.

Emprazamentos das ludotecas
• Escola de Liñares.
• Escola de Rubiós.
• Centro Cultural As Soidades (Santiago de Ribarteme).