Os seguintes son os principais cambios que se aplicarán a partir do luns, día 8 de xuño, coa entrada na ‘fase 3’ da ‘desescalada’ nas medidas de limitación da mobilidade pola crise da Covid-19.

1. Permitida a realización de reunións/xuntanzas en grupos dun máximo de 20 persoas, agás no caso de persoas que convivan na mesma vivenda.

2. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 50% do aforo. Con horario de atención con prioritaria para maiores de 65 anos.

3. Hostalaría e restauración: poderase servir na terraza, co 75% aforo (ata 20 persoas) e no interior do local cun máximo do 50% aforo. Tamén se poderá empregar a barra garantindo, en todo caso, o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade de 2 metros.

4. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común. Aforo máximo do 50%.

5. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 75% do aforo. Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. O aforo máximo debe publicarse nun lugar visible do espazo destinado ao culto.

6. Velorios e enterros: poderán xuntarse ata 25 persoas nos lugares pechados e 50 nos abertos.

7. Mercados ao aire libre: amplíase o número de postos ata o 50% do aforo.

8. Actos culturais: permítense actos deste tipo cun máximo de 80 persoas en lugares pechados e 800 ao aire libre. Non excedendo nunca o 50% do aforo do espazo empregado en co público sentado en butacas previamente asignadas.

9. Permítese a realización de deporte en instalacións pechadas, non superando o 50% do aforo, en pequenos grupos dun máximo de 20 deportistas, mantendo as distancias de seguridade e evitando o contacto físico. Poderán utilizarse todas as instalacións que teñan á súa disposición
(incluídos os vestiarios e as zonas de duchas), cumprindo as medidas de hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.

10. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 75 persoas nos lugares pechados e 150 nos abertos, non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo.

11. Congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos: non se poderá superar a cifra de 80 asistentes.

12. Actividades de tempo libre infantil e xuvenil:
a. Ao aire libre, deberase limitar o número de participantes ao 50% da capacidade máxima habitual, cun máximo de 200 participantes, incluíndo monitores.
b. En espazos pechados, deberase limitar o número de participantes ao 33% da capacidade máxima habitual; cun máximo de 80 participantes, incluíndo monitores.

# Acceso á publicación no Boletín Oficial do Estado (SND/458/2020, de 30 de maio) no que se detallan todas as medidas: https://bit.ly/3h5TlkP
# Guía do Ministerio de Sanidade, do 31 de maio: https://bit.ly/2zZTlSG