O Goberno do Estado vén de aprobar a entrada de Galicia na ‘fase 2’ da ‘desescalada’ nas medidas de limitación da mobilidade decretadas pola pandemia do Covid-19.
Este é un resumo dos principais cambios que se aplicarán a partir do luns.
1. Están permitidas as reunións de ata 15 persoas, mantendo sempre as distancias de seguridade.
2. Segue a mobilidade dentro da mesma provincia.
3. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 40% do aforo.
4. Hostalaría: Poderán abrir as terrazas (50% aforo) e tamén se poderá atender no espazo interior dos locais (40% aforo), non podendo facer uso da barra.
5. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común.
6. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 50% do aforo.
7. Velorios e enterros: Poderán xuntarse ata 15 persoas nos lugares pechados e 55 nos abertos.
8. Mercados ao aire libre: Amplíase o número de postos ata o 33% do aforo.
9. Actos culturais: Permítense actos deste tipo cun máximo de 50 persoas en lugares pechados e 400 ao aire libre. Non excedendo nunca o 33% do aforo do espazo empregado.
10. Permítese a realización de deporte en instalacións pechadas, seguindo unha serie de normas de seguridade e hixiene.
11. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 50 persoas nos lugares pechados e 100 nos abertos, non excedendo nunca o 50% do aforo do espazo.
Todas as medidas están recollidas no Boletín Oficial do Estado (BOE), do día 16 de maio, que podes consultar premendo aquí.
Tamén podes consultar a Guía do Ministerio de Sanidade, actualizada o 17 de maio: https://bit.ly/3gjSGMe.