O Concello das Neves vén de rematar a instalación de 2 novas bombas sumerxibles de 3,2kw no bombeo de Babareira que sustitúen a outras dúas, que xa tiñan moito desgaste logo de 9.100 e 9.600 horas de funcionamento.
EDAR do Termes, en Vide
Na Edar do Termes (Vide) sustitúense 3 bombas sumerxibles. As 2 bombas de cabeceira que tiña moito desgaste debido ao traballo ininterrompido tratando 264 metros cúbico por día.
A outra bomba que se cambia e se deixa de reserva é a que recicula os lodos, o nova terá unha potencia de 1,7kw.
EDAR da Estación
Así mesmo, instálanse equipos de telexestión e supervisión na Edar do Termes e na Edar da Estación. Estas dúas depuradoras actualmente non dispoñen de equipos de xestión a distancia. Colocaranse nelas autómatas programables con conexión 4G que permitiran coñecer en tempo real, o nivel dos pozos, si os motores ou bombas están traballando, si houbo algún atasco, o caudal entrante, os niveis de osíxeno, etc.
Batalláns
Finalmente na Edar de Estación e de Batalláns, sustituiranse os actuais trituradores e bombas de parafuso por unha bomba trituradora de 1,1kw en cada caso.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, comprobou a chegada dos materiais e a calidade das novas
bombas.