O Concello segue mellorando e mantendo as escolas unitarias. Recentemente, en Rubiós, colocáronse dous radiadores máis e, en Taboexa, realizouse a limpeza de humidades e pintado da cociña e da sala de xogos.

Estes traballos súmanse aos realizados nos pasados seis anos, como os de 2020, coa colocación da nova calefacción nas aulas de Taboexa; a retirada das reixas que afeaban o edificio; a reforma do patio, recuperación do soportal e da zona do  “areeiro”, no que as nenas e nenos poden xogar, especialmente cando chova.

Na escola de Rubiós, levouse a cabo a reposición, reparación e revisión de pezas;pintado de estruturas; recuperación da baranda, relevo de taboas rotas, ademáis de mellora dos soportais e substitución das pezas dos baños.