O Concello das Neves levará a cabo obras de mellora no barrio de Prado, na parroquia de Vida cun investimento de 48.389,52 €. Os traballos abranguen a axecución dun Colector de 308 metros por gravidade, para a rede de saneamento.

O mesmo contará cunha unha tubería de PVC compacto tipo SN4 de 250 mm, enterrado en zanxa escavada sobre cama de area, ata a conexión a os pozos e 12 pozos prefabricados de HM coas acometidas domiciliarias
necesarias.

Reposición do pavimento

Así mesmo, proxéctase a reposición do pavimento do camiño cos tramos:
• Tramo inicial 100,00 metros e un ancho medio de 4,50 metros.
• Tramo intermedio 108,00 metros e un ancho medio de 4,00 metros.
• Tramo terra 185,00 metros e un ancho medio de 3,00 metros.
• Tramo final 30,00 metros e un ancho medio de 5,50 metros.
Os mesmos contarán con firme a base de aglomerado en quente e base granular de zahorra artificial. Ademáis, está previsto o ercalce de 4 tapas de rexistro en calzada con dado de formigón armado.

Pre-intalación de saneamento e asfaltado circular

Nos mesmos traballos, realizarase a pre-instalación de saneamento e asfaltado circular do barrio (unha parte estaba en mal estado e outra parte non estaba asfaltada), que se incluíron no Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, sinala que nos vindeiros meses aportarase unha solución definitiva para o vertido da rede de saneamento do barrio.