Co proxecto da liña de moi alta tensión sobre a mesa (LAT), tivo lugar unha reunión de traballo entre o presidente da Cámara Municipal de Monção, António Barbosa, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Mendez, e o presidente da ‘Asociación de Rozas Vide’, de Afectados Pola Liña de Alta Tension Fontefria– Fronteria Portuguesa, Vítor Gil.
Á vista da situación e de todas as posicións contrarias ao proxecto, manifestadas ata hoxe, acordouse o establecemento dun conxunto de medidas de reforzo en contra da liña de moi alta tensión.
Liña eléctrica de 400 Kw que pode chegar ata os 800
Monçao e As Neves, como outros concellos localizados na zona fronteiriza, manifestan o seu “desacordo total” con este proxecto que pretende instalar unha liña elétrica de 400 Kw (que poden chegar ata os 800) desde Fonte Fria, en Galicia, até a fronteira portuguesa.
Oposición unánime
Durante o ano 2019, tanto a Assembleia Municipal de Monção, como o Pleno do Concello das Neves, aprobaron, “por unanimidade”, unha proposta rexeitando o proxecto. Ano e medio máis tarde, no período de consulta pública, os dous concello amosáronse, de novo contrarios ao mesmo, de forma bastante explicita e, xa máis recentemente, neste ano 2021, alegaron novamente, xunto a outros colectivos sociais, en contra da instalación da LAT.
Perigos para a sáude pública
Os dous alcaldes e o representante da asociación de afectados, entenden que a instalación e funcionamento da liña de moi alta tensión “terá un impacto brutal nos territorios e nas veciñas e veciños, orixinando diversos problemas para a saúde pública”, tal e como conclúen investigacións publicadas en distintas publicacións especializadas e estudos realizados por diferentes organismos.
Medidas para favorecer ás ‘potencialidades’ locais
Por isto, cunha soa voz, denfenden que máis que unha liña de alta tensión, “o territorio fronteirizo necesita políticas activas en favor de las potencialidades locais: a medidas concretas para favorecer o equilibrio ambiental, a súa promoción social e cultural e aquelas tendentes a fixar a poboación no medio rural”.