‼️A Xunta de Galicia vén de informar de novas restricións, que se aplicarán desde as 00:00 h do mércores 27 de xaneiro en todo o territorio galego, e que se manterán ata o 17 de febreiro:
????????????????As reunións sociais quedarán limitadas exclusivamente a persoas conviventes.
???? Mobilidade restrinxida ao concello de residencia. (Agás para as causas xustificadas previstas).
???? Mantense o horario do recollida entre as 22:00 h e as 06:00 h. (Agás para as causas xustificadas previstas).
No ensino universitario non retomarán as aulas até o día 8. Do día 8 ao 17, serán en liña.
???? O comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres, etc.) seguirá aberto, con horario máximo de peche ás 21:30 h.
???? O comercio non esencial pechará ás 18:00 h.
???? Na hostalería decrétase o peche total, agás servizo a domicilio ou comida para levar.
⛹️♀ Só se permiten adestramentos individuais ao aire libre, e sempre con máscara.
Pechan as bibliotecas, auditorios e outros locais sociais onde se celebren espectáculos.
✅ Todos os detalles destas novas medidas serán publicados nas vindeiras horas Diario Oficial de Galicia (DOG).
#Coidémonos #ViveNasNeves