O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo, financiados, nunha grande porcentaxe con fondos procedentes da Xunta de Galicia.

Este proxecto, que ten un orzamento de máis de 37.000€, contempla un miradoiro de iguais características en cada vila e, no caso de As Neves, será en San Nomedio, na parroquia de Taboexa.

Alí estase a rematar unha construción en forma de tubo que servirá de guía para mirar ao leste, cara ao nacemento do sol-o amencer- e ao oeste-o solpor-ofrecendo unha vista panorámica de boa parte de As Neves.

A outra parte do deseño abrangue a instalación do observatorio nocturno, mediante unha serie de pezas en forma de circunferencia que serven para sentarse e observar o ceo e as estrelas

O miradoiro de San Nomedio atópase a 694 metros de altitude nun monte de grande pendente, pertencente a los montes de A Paradanta, aberta a impresionantes vistas sobre o val do Termes e do Xuliana, ademais do Miño, xa máis lonxe, abarcando, xunto a parte de As Neves, o norte de Portugal.