Actualización-Listados de alumnas alumnos e persoal docente e de administración seleccionado
Acta SELECCION ALUMNADO TRABALLADOR_A SOCIOSANITARIOS
Acta_SELECCION ALUMNADO PEONS FORESTAIS
Acta SELECCION DOCENTES FORESTAIS
Acta SELECCION DOCENTES AREA SANITARIA
Acta SELECCION DOCENTES AREA SOCIAL
Acta SELECCION ADMINSTRATIVO_A
Comunicación inicial
Os Concellos de Ponteareas e As Neves inician o desenvolvemento dun novo obradoiro de emprego. Será unha nova edición do que xa fora impartido anteriormente, e que inclúe as modalidades de atención socio-sanitaria e conservación e mellora de montes e traballos forestais.
20 prazas e traballo durante 9 meses
Cun total de 20 prazas (10 para cada modalidade) para os dous concellos, o obradoiro ‘Coidar de nós III‘ permitirá ao alumnado obter unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo durante nove meses.
Así, o alumnado-traballador será contratado, e percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.
Inscrición en oficinas ou no portal electrónico de Emprego
Para participar é preciso inscribirse na oficina de emprego (cita previa chamando ao 012) ou no portal electrónico de Emprego da Xunta de Galicia cumprindo os seguintes requisitos: ser maior de idade e poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro mediante un contrato de tales características.
Máis información do obradoiro en: https://bit.ly/3nzAnVS