Este ano o Concello das Neves acenderá o alumeado de Nadal o venres 10 de decembro. As luces están xa instaladas dende hai días.
Coa decisión de retrasar uns días o acendido, o Concello pretende seguir denunciando a escalada do prezo da electricidade, que afecta a todas as veciñas e veciños das Neves e, ao mesmo tempo, mentalizar sobre a necesidade de contribuir ao aforro enerxético e ao coidado do medio ambiente.
O pasado 8 de outubro, o Goberno local sumouse á iniciativa ‘Desconecta ás eléctricas’, apuntando ao aumento intolerabel do recibo da luz. Aquel día, como medida de protesta, apagouse o alumeado público no centro das Neves entre as 22:00 e as 22:30h., pedindo aos veciños que fixeran o mesmo.
O megawatt hora de electricidade, preto dos 300 eurosO 8 de outubro, o prezo da ‘luz’ estaba en 229,2 euros/MWh, un 422% máis que un ano antes: este mesmo luns, entre as 20:00 e as 21:00h. era de 290 euros/MWh, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE).