O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, mantiveron hoxe  en Compostela unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A reunión, que desenvolveuse nun tono constructivo e de respecto institucional, fora solicitada polo Goberno local das Neves para tratar coa conselleira varios asuntos prioritarios para o noso concello.

Construción dunha rotonda na PO-400 e acceso á parroquia de Setados

O primerio foi o da seguridade da estrada PO-400 no entronque coa PO-415, construindo unha rotonda de acceso ao núcleo urbano e humanizando ese entorno, con melloras no aparcamento e a zona destinada a uso peonil. Ademáis, Rodríguez e Couto lembrandolle  á conselleira que está pendente solventar o acceso á parroquia de Setados.

Seguridade peonil no entorno do CEIP 

En segundo lugar, plantexáron a necesidade de reforzar a seguridade peonil no entorno do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, entre a rotonda e o cruce coa rúa Doutor Martínez e Eira da Liñaza.

Senda peonil entre o Instituto e o cruce de Setados a Ribarteme

Así mesmo, solicitaron a construción dunha ‘Senda peonil na PO- 415 e a PO- 400, entre o instituto e o cruce de Setados a Ribarteme. A mesma, sinalou o alcalde, “permitiría un uso peonil seguro e a reducción de velocidade dos vehículos no tramo garantindo, ademáis, o acceso a pé a todos  os centros educativos”.

Saneamento no río Xuliana

Solicitouse ademais a colaboración da conselleira para que o seu departamento contribua a mellorar o sistema de saneamento no rio Xuliana (na decantadora de Liñares) e cumprir, así, cos requisitos ambientais.

Fondos ‘Next Generation’


Tanto o tenente dé alcalde Marcelino Couto, como o alcalde, coincidiron con Ethel Vázquez na necesidade de colaboración institucional entre Consellería e Concello das Neves para conseguir xestionar os fondos Next Generation no território municipal, así como contribuir a un equilíbrio territorial que garanta as inversions necesárias para que os habitantes rurais dispoñan das infraestruturas precisas para unha mellor calidade de vida.

Neste sentido, a conselleira referiuse ás subvencións convocadas semanas atrás para toda Galicia, ás que o Concello das Neves presentou varios proxectos, que foron aprobados, xunto ao ‘Plan da Seca’, e serán cofinanciados para a súa execución. 

Compromiso da conselleira

Pola súa banda, Ethel Vázquez comprometeuse a traballar na redacción do proxecto da rotonda e humanizacion do acceso ao nucleo urbano e ao Colexio público, ademáis de levar a cabo a senda peonil, previa reclamación ao Goberno do Estado para o uso dos fondos europeos Next Generation para esa finalidade.