O pasado martes 4 de maio a Concelleira de Benestar, Pilar González recibiu a primeira dose da vacina fronte a Covid-19 de AstraZeneca; o pasado día 8, o 1º Tenente-Alcalde Marcelino Couto, vacinouse tamén e hoxe foi a quenda do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, quen recibiu a primeira dose de Pfizer-BioNTech e recebirá a segunda en 21 días.
O Goberno Municipal fai un chamamento á tranquilidade e anima a todas as veciñas e veciños a vacinarse, recalcando a seguridade destes fármacos e a súa importancia para poñer fin á pandemia e avanzar na recuperación cara a normalidade.