Seguen adiante as actividades do ‘Campamento de Verán 2020’ organizado polo Concello, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados nas Neves.
Este ano, as actividades desenvolveranse ao aire libre e en grupos reducidos de 10 nenas e nenos a cargo de dúas persoas.
Os espazos seleccionados, todos cheos de moitas potencialidades polos seus recursos naturais e patrimoniais, son: a parroquia de Cerdeira, a área recreativa de Santa Mariña e a contorna dos montes da Coutada en Taboexa.