O Concello das Neves vén de dar comezo as obras de mellora da área de lecer no terreo que rodea a antiga escola unitaria  de San Cibrán de Ribarteme’. As mesmas contan cun orzamento de 26.598,25€, financiado con cargo ao remanente municipal de 2019.



Os traballos abranguen o acondicionamento do talude posterior, a colocación de distintos elementos, entre eles unha ‘casa de xogo’ para as rapazas e rapaces de 3 a 14 anos de idade; un ‘túnel’, tamén para o entretemento das pequenas e pequenos e unha pista polideportiva con porterías de fútbol 7 e balonmán.