Ante a actual situación epidemiolóxica e tralas medidas que entraron en vigor este mércores, 27 de xaneiro, o Concello actualizou o seu procotolo Covid:
✅ Aumento do teletraballo entre as e os empregados municipais de servizos non esenciais, mantendo sempre cuberta a atención ao público de xeito presencial nas diferentes dependencias e departamentos. Ademais, como medida de protección, proporcionaránselle máscaras de tipo FFP2 a todo o persoal municipal.
✅ Recoméndase o uso da atención por vía telefónica, ou outra vía non presencial: ☎️ Casa do Concello: 986 64 80 38 // concello@asneves.gal
☎️ Servizos Sociais: 986 66 71 34 // servizossociais@asneves.gal
✅ Atención ao público presencial: só cita previa, chamando aos teléfonos indicados arriba, ou a través da sede electrónica do Concello: https://concelloasneves.sedelectronica.gal/citaprevia.1
✅ Control de acceso ás dependencias municipais.
✅ Pechada ao público a Biblioteca Municipal. Mantense suspendida tamén a actividade no auditorio e na Casa da Xuventude, que estará tamén pechada