O novo contrato do servizo, por 12 meses, supón un importante aforro económico e unha mellora nas prestacións.

Este cambio vén motivado pola análise dos actuais servizos contratados (liñas, consumos, terminais, coberturas, etc.) tanto de telefonía móbil como de fixa, realizado nos últimos meses por Óscar González, Concelleiro de Servizos e responsable da área de innovación tecnolóxica.

A nova proposta inclúe liñas de telefonía para móbiles, instalacións de tratamento de auga e depuración e telefonía fixa. Tamén conexións mediante fibra, ADSL e router 4G en diferentes edificios municipais. Tódolos servizos estarán interconectados e o teletraballo será máis seguro e eficaz.

Na parte económica, o contrato ten un importe anual de 15.048€, considerablemente inferior ao actual de Movistar, que supera os 22.000€.

O proceso de cambio de compañía implica que o Concello debe soportar unha penalización con Movistar. Acordouse que o 60% desta penalización sexa sufragada por Vodafone e o 40% polo Concello, arredor de 3.000 euros. Aínda con isto, no primeiro ano o aforro será duns 4.000 euros e nos seguintes anos, coas mesmas condicións de 7.000 euros.

Este aforro económico servirá para seguir mellorando os equipos e ferramentas tecnolóxicas para unha atención a veciñanza aínda máis eficaz.