A Concellería de Benestar Social, dirixida por Pilar González Casas, vén de rematar coa colocación no Centro de Saúde dunha ‘mampara’.
Esta servirá para delimitar unha zona específica onde sexa posible atender as nenas e nenos de Pediatría que cheguen ao centro con febre.
 
 
O Concello segue, deste xeito, a estreitar a súa colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas), para contribuir a mellorar a seguridade das persoas que acoden ao Centro Saúde e dos profesionais que traballan no mesmo.