Xunta de Galicia e Concello construirán na segunda parte de 2018 a nova Gardería infantil das Neves para resolver os problemas de espazo e condicións de prestación do servizo coñecidos dende hai décadas.

Na vindeira semana o Presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez e o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez asinarán o convenio que permitirá o construción da instalación cun orzamento de preto de 300.000 euros dos que As Neves aportará o 25 %.

A Gardería estará situada na zona da antiga casa do conserxe do Colexio Público de Ensino Infantil e Primario das Neves. A nova instalación contará con 161 metros cadrados construídos e mailos espazos exteriores, sumando unha parcela total neta de 490,50 metros cadrados. Disporá de 20 prazas cos servizos de zona de preparación de alimentos, zonas de hixiene, zona de descanso, 2 aulas para usos múltiples e despacho. No exterior haberá espazo para xogos, hortas, xardín e acceso para as familias.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, móstrase moi satisfeito de por en marcha unha das primeiras aspiracións do seu goberno dende a chegada hai case 3 anos, unha nova gardería demandada por toda a poboación. Explica tamén, todo o proceso no que foi preciso convencer a Xunta da necesidade e de que tomasen a decisión de investir amais de dispor os fondos propios. Foron precisos moitos trámites administrativos para poder construila nese lugar, ademáis de elaborar o proxecto construtivo. E todo isto intentando levalo co maior consenso da comunidade escolar a través do CEMAN (Consello Escolar Municipal).

Edificio actual da Casa do Conserxe