from to
Cultura Novidades
As Neves Map

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, volve, de novo, os sentidos ao sétimo arte e inicia unha nova tempada do ciclo ‘Cinema de Inverno’, que terá como ‘sa de proxección’, o Auditorio Municipal

A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 6 e media da tarde, da man das curtas infantís de OQO Editora, ‘Os sete cabritos’, ‘A pota que trota e ‘Fiz, o coleccionista de medos’.

Tamén outro domingo, este será o 17 de febreiro, e á mesma hora no mesmo lugar, proxectarase ‘Dhogs’, a primeira longametraxe dirixida por Andrés Goteira e producida por Suso López.

O sábado 9 de marzo, ás 8 da tarde, e tamén no Auditorio, as luces vanse apagar para darlle paso a ‘Tódalas mulleres que coñezo’, unha longametraxe de Xina do Teixeiro, da produtora Walkie Talkie Films.