O Concello das Neves contratará de xeito temporal e durante este 2020 ata 28 persoas. “Tódolos contratos, tal e coma se comprometera o Goberno local, serán a xornada completa e a maioría dende o momento da contratación ata final de ano”, sinala o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen dirixe tamén a Concellería de Emprego.
Os postos a cubrir serán: 1 Oficial de obras; 1 Oficial forestal; 1 Auxiliar de biblioteca, 1 Condutor/a-Tractorista; 2 Socorristas de piscinas (por un período de 3 meses); 3 Condutores/as motobomba (tamén por 3 meses); tamén a xornada completa subvencionados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra: 2 Peóns de obras públicas; 3 Peóns forestais; 1 Condutor/a; 1 Conserxe; 2 Mozos/as recollida de lixo e 2 fontaneiros ( durante 7 meses).
A través doutros plans contrataranse a xornada completa e durante un período de 9 meses: 2 Peóns de construción e 5 Peóns forestais. “A nosa intención-sinala o alcalde- é optar, ademais, a outros programas de xeito que poidamos contratar a un ou unha técnico de turismo e a unha mestra ou mestre composteiro. A esta iniciativa súmanse outras coma a de apoiar diferentes modelos de prácticas educativas e a posta en marcha de accións formativas propias”.