A situación na que nos atopamos non nos permite celebrar as Letras Galegas como tiñamos programado, pero é unha data moi importante para a difusión do uso e a normalización do galego, e non a queremos deixar pasar.
Por iso, a Concellería de Cultura, anima a espallar o apoio ao galego a través das redes sociais, compartindo imaxes, vídeos e/ou fragmentos de texto de libros en galego.
O primeiro libro que liches, o último, o que volverías ler, o máis importante para ti, etc.
Queremos encher a rede de literatura galega, para encher as redes de galego!
Alén desta iniciativa de participación, este ano, no que se lle dedican as Letras galegas a Ricardo Carvalho Calero, queremos contribuír ao achegamento e difusión da figura deste filólogo, lingüista e escritor galego:Entrevista ao autor realizada por de Víctor F. Freixanes, actual presidente da Real Academia Galega, no programa A trabe de Ouro da TVG do ano 1987: https://bit.ly/3dQY8E5
Para os máis pequenos e pequenas da casa, Pepe Carreiro, autor da serie Os Bolechas, vén de crear unha nova edición dedicada a Ricardo Carvalho Calero que se pode ver e descargar aquí: https://bit.ly/2X2sJrn