REANUDACIÓN DE PRAZOS DE LICITACIÓN ATA O 17 DE XUÑO
O Boletín Oficial da Provincia (BOPP) vén de publicar a convocatoria para optar varios locais vacantes do Mercado de As Neves, mediante o procedemento de licitación pública, de xeito que, dende este xoves, día 20 de febreiro, as persoas interesadas teñen un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas solicitudes.
Os postos ofertados, dacordo coa convocatoria feita polo Concello, estarán destinados a actividades que encaixen dentro de produtos elaborados e degustación, coma tendas de sementes, legumes ou fariñas; adega; vermutería, coctelería; cervexa artesá; posto de frituras; venda e degustación de aceites; xeados artesás; venda e degustación de conservas, queixos, xamóns e embutidos; comidas da terra, do mar, pero tamén doutras culturas, ou vexetarianas, veganas ou destinadas a determinado tipo de consumidores; oferta de almorzos , brunch ou doces artesas.
Así mesmo, permitirase ademais o uso dos locais, para incluír actividades de carácter administrativo ou social, coma oficinas ou espazos de coworking, ademais de establecementos comerciais de produtos artesanais.
Nos últimos 8 anos realizáronse diferentes melloras no propio inmoble e na contorna da Praza da Feira, na que se atopa: en 2012 acometeuse a súa humanización, cun investimento de 100.000€; en 2013, levouse a cabo a reparación do tellado, a limpeza e revestimento da fachada, a mellora do chan da planta alta e do sistema de recollida de augas e, xa en 2016, abríronse catro ámbitos destinados a iniciativas de nova creación e emprendedores que precisasen dun establecemento no que desenrolar a súa actividade económica ou social.
Dende ese ano o Mercado foi o escenario de diferentes actividades impulsadas dende o Concello, en especial aquelas relacionadas coa cultura, a gastronomía ou a enoloxía, coincidindo coa celebración da Festa do Requeixo e do Mel e da Feira do Tinto das Rías Baixas.

Documentos: