As pequenas obras de mantemento e a limpeza de espazos públicos estánse retrasando meses por este motivo
A previsión habitual e portanto,a do goberno nacionalista e socialista era contar con alomenos cinco persoas máis dende finais de maio ou inicios de xuño para atender a pequenas obras de mantemento e a limpeza espazos e viais públicos. A Xunta de Galicia, nun primeiro momento, denegou a subvención para a contratación de persoas perceptoras de Risga. Logo foron precisos un recurso do letrado do Concello e varias reunións para que finalmente se consiga dar a razón a As Neves, coa ainda sorprendente aclaración de que a contratación non se poderá efectuar ata finais de setembro.
O Concello das Neves quere mostrar públicamente o seu descontento con esta xestión da Xunta que está a causar problemas a toda a veciñanza nevense ou nevesa, as persoas actuais traballadoras e as que poderían selo mediante estas contratacións.
Algún do persoal actual incluso está a decidir, por responsabilidade, pospoñer a totalidade ou parte das súas vacacións por esta circunstancia, para así minimizar o impacto na veciñanza.
De calquera xeito, a poboación non ten que preocuparse pola prestación de servizos básicos esenciais como son o abastecemento de auga e o tratamento do lixo que están totalmente garantidos.