Como estamos a facer dende hai días, dende o Concello continuamos co reparto de material sanitario (batas, mascarillas, luvas e xel desinfectante) ás persoas que están a traballar nos establecementos abertos ao público nas Neves. O obxectivo é o de garantir a protección destas persoas e reducir ao mínimo as posibilidades de contaxio do coronavirus.

Así mesmo, o Goberno local vén de iniciar o traballo para a creación dun servizo de apoio psicolóxico destinado especialmente a persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e Trastornos de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).

Trátase dun servizo coordinado polo Concello a través de Servizos Sociais, coa colaboración dos centros de ensino e o Centro de Saúde.