O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) procederá a realizar un ‘cribado aleatorio’ a máis de mil veciñas e veciños das Neves . Nas últimas horas, xa comezaron a recibir as citas nos seus teléfonos, mediante SMS.

Así llo comunicou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, logo de que lle insistise na urxencia de realizar este cribado á vista da incidencia da COVID no concello.

As probas realizaranse en Vigo, no Instituto Feiral (IFEVI) e no ‘CovidAuto’ do Hospital do Meixoeiro e para as mesmas tomarase unha mostra nasofarínxea.