Dende 2019, o Concello das Neves ofrece o Servizo de Atención Temperá destinado ás crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, a través dun convenio asinado co Concello de Salceda.

Trátase dun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil e ao seu entorno que teñen por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenrolo ou en risco de padecelos.

Durante o ano 2020, un total de 16 crianzas fixeron uso deste servizo. Foron 9 nenos e 7 nenas que recibiron un total de 12 intervencións semanais de fisioterapia, 17 intervencións semanais de logopedia e 12 intervencións semanais de psicoloxía.

Estas intervencións teñen unha duración de 30, 45 ou 60 minutos en función das necesidades de cada crianza, que pode facer uso de un, dous ou os tres tipos de intervención.

Segundo indica Pilar González, Concelleira de Servizos Sociais, este servizo, que imparte a asociación Aceesca, “tivo moi boa acollida pola veciñanza, e valora como moi positivo e fundamental que cumpre unha función de importancia”.