A pasada semana o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, mantiveron unha xuntanza nas Neves co novo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puentes.
Na reunión tratáronse difererentes asuntos relacionados coa xestión do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no concello e co Centro de Saúde. Neste senso a visita de Javier Puentes serviu para abordar temas de importancia das obras de adaptación das antigas instalacións da Galiña Azul que acollerá a nova consulta de Pediatría.
O alcalde e o xerente tamén trataron do estado administrativo da cesión da propiedade do Centro de Saúde – o paso ao grupo I-; o sistema de citas telefónicas en As Neves; o lugar de agarda para as e os pacientes dentro do propio centro e, por último, a instalación dun xerador eléctrico para a conservación das vacinas en caso de cortes de luz.