O vindeiro sábado, día 18 ás 19:00 h, a poeta María Lado, integrante de Aldaolado, achegarase á Casa da Xuventude das Neves para impartir un obradoiro titulado ‘Querida poeta, dous puntos‘.

Trátase dun obradoiro de creación de postais con poemas e colaxes no que se pretende que mozos e mozas se familiaricen coa poesía, achegándose a ela como obxecto plástico, materia prima coa que crear unha obra plástica. Pero tamén é un espazo para reflexionar sobre feminismo e igualdade a través dos textos e a as imaxes propostas para traballar.

Esta actividade está co-financiada polo Concello e o programa ‘Ler conta moito’ da Consellería de Cultura.