Os concellos de Ponteareas e As Neves están levando a cabo conxuntamente unha nova edición dun obradoiro de emprego que consta de dúas áreas: a de traballo socio-sanitario e a de traballo forestal.
Os obxectos de actuación práctica para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son: axudar ao Servizo de Axuda a Domicilio do Concello das Neves, para diminuír a lista de espera; complementar o servizo da residencia municipal da terceira idade; crear un parque forestal para uso público en Ponteareas e un arboreto na Chan de Vide, e rehabilitar espazos verdes como parques forestais para facilitar aos veciños un punto de encontro para o desenvolvemento de actividades o aire libre.
Un total de 20 alumnos dos dous concellos están a formarse neste obradoiro, que ten unha duración de 9 meses, durante os que as e os participantes reciben os salarios correspondentes aos seus postos.
O obradoiro está sendo financiado pola Consellería de Emprego con 346.946 euros.