Están en marcha os traballos de mellora no Camiño de Moutada (A Pousa) en San Pedro de Batalláns, con actuacións de limpeza da pista e cunetas, pavimentación do camiño, realce de tapas e o pintado para aumentar a seguridade.
O camiño ten un ancho medio de 3,2 m e unha lonxitude de 1.050 metros e paviméntase con aglomerado en quente D-12 de 5 cm de espesor.
O orzamento de licitación é de 48.397,94 euros financiados principalmente por fondos xestionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ocupándose o Concello das Neves do valor do IVE correspondente.